A unión de empresas turísticas para un futuro cultural e socialmente responsable
Impulsando o turismo sostible en Compostela
Asociación de Turismo e Hostalería Compostela
A misión da asociación é xestionar, defender e promover o sector da hostalería e do turismo en Santiago de Compostela, impulsando un turismo sostible e respectuoso coa veciñanza, que contribúa ao desenvolvemento económico, social e cultural do entorno, así como á mellora dos negocios vinculados ao sector.
A nosa visión é a de ser unha entidade de referencia no ámbito da hostalería e o turismo en Galicia, comprometida coa profesionalización, a innovación e a dignificación do sector, promovendo a solidariedade entre os seus membros e contribuíndo ao benestar e desenvolvemento sostible da sociedade galega.
Comprometidos cos nosos valores
Sostibilidade
Defensa dun turismo responsable e respectuoso co medio ambiente e a comunidade local.
Solidariedade
Fomento dos vínculos de amizade e colaboración entre os asociados/as.
Profesionalización
Promoción da formación, asesoramento e perfeccionamento continuo dos empresarios/as e empresas asociadas.
Defensa dos intereses comúns
Salvagarda dos intereses profesionais, económicos, tecnolóxicos e comerciais dos membros.
Compromiso social e cultural
: Impulso do crecemento cultural e social do entorno e recuperación das actividades tradicionais do territorio.
Transparencia e bo goberno
Administración responsable dos recursos e servizos de interese común.
Innovación
Promoción de accións e acordos que favorezan o desenvolvemento e a modernización do sector.
Promoción do patrimonio
Revitalización e promoción dos Camiños de Santiago como elementos de unión e desenvolvemento.
NOTICIAS
Asociación de Turismo e Hostalería Compostela



