Enquisa para turistas e visitantes: Axuda a mellorar o turismo en Santiago de Compostela
Queremos informarvos dunha iniciativa posta en marcha pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Concello, no marco do Pacto Local polo Turismo Sustentable de Santiago de Compostela.
Durante os foros participativos xa se avanzou que se está a realizar unha enquisa a turistas e visitantes, co obxectivo de coñecer mellor as súas percepcións sobre a cidade e a pegada do turismo. A enquisa estará aberta até o 15 de xullo.
Pode responderse en varias linguas: galego, castelán, inglés, francés, alemán, italiano e portugués.
Distribúese mediante códigos QR situados en puntos frecuentados por visitantes: establecementos comerciais, museos, aloxamentos, hostalaría, puntos de información, nodos de transporte, etc.
O obxectivo é recoller a opinión das persoas que visitan Santiago para mellorar a xestión e sustentabilidade do turismo na cidade.
Na web adxúntanse un pdf cós códigos QR en varios tamaños para que poidades imprimilos e colocalos nos vosos establecementos, se así o desexades.
Se preferides, tamén podedes solicitar copias impresas ao equipo de investigación da USC.
A vosa colaboración é fundamental para conseguir unha mostraxe ampla e representativa. Animámosvos a difundir esta enquisa entre os vosos clientes e contactos.
Moitas grazas pola vosa implicación e colaboración.
